Adestrapp é unha aplicación creada por Balidea para optimizar a análise de partidos e sesións de adestramento no fútbol. Neste vídeo promocional traballamos unha narrativa dinámica e clara, enfocada en transmitir precisión, utilidade e vantaxe competitiva.

A linguaxe audiovisual combina ritmo, grafismos e enfoque tecnolóxico para conectar tanto con clubs como con equipos técnicos, mostrando como a análise de datos pode transformar o rendemento deportivo.